Titanic
MS Titanic
|
||||
|
O RMS Titanic foi un transatlántico construído
en Irlanda que se afundiu na súa viaxe inaugural a través do Océano Atlántico
Norte ao colisionar cun iceberg na noite do 14 ao15 de abril de 1912 na viaxe a
Nova York. Morreron máis de 1500 persoas e recolléronse soamente uns 300 corpos
do mar. Considérase popularmente a maior traxedia naval dun só buque da
historia.
O Titanic era o segundo dun trío de transatlánticos, a clase Olympic,
que pretendía dominar o negocio das viaxes transoceánicas a principios do século XX.
Para o seu tempo, o Titanic non tiña un rival igual en
luxo e elegancia.
O barco era comandado polo veterano capitán Edward John
Smith, o máis experimentado e prestixioso da White Star
Line, quen previamente á viaxe expresou que este ía ser o seu
derradeiro mando antes de se xubilar, porque desexaba estar máis tempo coa súa
esposa e a súa filla.
Entre a primeira, segunda e terceira clase, había en
total 2.224 pasaxeiros, quen gozaron dun fermoso palacio flotante, con luxosos
comedores, piscina interior, bibliotecas, ximnasio, iluminación acotío e baños
turcos.
O
desastre
O Titanic tivo unha viaxe pracenteira. Os días
transcorreron sen novidade, pero o 13 de abril
empezaron a chegar os primeiros informes de avistamento de bloques de xeo na
ruta.
23:45, o impacto
Posible iceberg que impactou co Titanic. Foi
fotografado 5 días após o afundimento polo mariñeiro Stephan Rehorek, quen o
fotografou pola liña vermella na base.
Pouco antes da medianoite (23.40) do 14 de abril,
cunha noite estrelada e un mar excepcionalmente tranquilo, os vixías deron
alarma de iceberg á fronte, a 600 m da proa. O primeiro oficial Murdoch, de
garda nese momento tras a retirada do Capitán Smith ao seu camarote, intentou
evitar a colisión, primeiro virando o temón (moi pequeno para a lonxitude do
navío) todo a babor, seguidamente dando marcha atrás, o cal foi fatal pois o
temón perdeu presión de virada. O barco no último minuto logrou evitar o choque
frontal (co que seguramente non se tería afundido e sería quen de seguir
navegando ata o seu destino sen problemas). Finalmente o buque rozou o iceberg
abríndose as placas de estribor con 6 fendas diferentes que en total sumaban 5
compartimentos con auga. O Titanic ficou sentenciado.
00:00, a mala noticia
Edward John
Smith, quen estaba no seu camarote saíu cando xa o carambelo estaba
afastado e informouse do ocorrido. Fixo deter decontado o barco e asemade fixo
repasar por un carpinteiro todo o barco.
Ao principio o
dano non pareceu fatal, no entanto o afundimento do Titanic sería como moi
tarde entre dous a catro horas.
Só embarcaron 711 persoas dun total de 1.100 prazas
dispoñibles nos botes, dándoselle preferencia á primeira e segunda clase,
mulleres e nenos principalmente. O 50% da terceira clase pereceu. O Titanic
chocara a unhas 600 millas da illa de Terranova.
0:10, SOS
Jack Phillips, primeiro oficial de radio, recibe a
orde de enviar telegramas pedindo auxilio.
Amais, noutras chamadas utilizará as siglas SOS, sendo un dos
primeiros (non o primeiro) en usar esta mensaxe.
Ás 0:30 a proa estaba xa mergullada, á 1:45 acadaba a
cuberta de botes, desatouse o pánico entre os que quedaban e houbo disparos e
confusión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario